
No seu fallo, o xurado tivo en conta "o bo manexo do rexistro de personaxes e do ritmo narrativo", asà como o feito de que "a obra potencia dende o principio o interese por coñecer o final e por saber que vai pasar". No relativo á temática, o autor "dá visibilidade aos aspectos de xénero, que trata con naturalidade nun contexto educativo, e dá voz á diversidade", sinala o xurado. Xoán, Xoana aborda unha cuestión que, nestes contextos, "produce as veces situacións de conflito como é o acoso a través do fútbol e nos patios de recreo", ademais de reflectir un problema "que se presenta, tanto entre os nenos como cos adultos; no colexio, e na familia". Para o xurado, o texto gañador achega valores interesantes "coma a perseveranza e a loita, pero tamén o respecto, a empatÃa e a integración, asà coma a necesaria convivencia en sociedade". Unha historia que provoca que o lector "empatice cos que son diferentes e nos pon a todos ante o espello".