O Festival Noroeste Estrella Galicia organizado polo Concello da Coruña, anteriormente Noroeste Pop-Rock, volve á axenda este ano cos súa 35ª edición e ven de presentar un cartel ambicioso que inclúe a recuperación dun dos espazos escénicos máis desexados da cidade: a praia de Riazor. Tamén se crea un novo escenario no peirao de Transatlánticos. Co lema "Volvemos pisar a area!" celebrarase este evento estival de balde desde o mércores 10 ao domingo 14 de agosto ofrecendo un total de 51 concertos que se farán en ata 10 enclaves diferentes repartidos pola cidade da Coruña. Nas cabezas de cartel da cita están artistas internacionais e nacionais de diversos estilos, como a banda británica UB40, Tanxugueiras, Zahara, Emir Kusturica, Dorian, Ana Moura, Delaporte, Maika Maikovski e unha longa listas de propostas entre as que destacan como presenzas da escena musical galega, ademais das cantareiras, Baiuca, Néstor Pardo, Alicia Carrera, Dios Ke Te Crew, Familia Caamagno ou Miguel Costas entre outros.
Os grandes espazos convivirán con outros máis intimistas que garantirán música mañá, tarde e noite na cidade herculina e apostan por novos formatos para o festival como o "Pasarúas" que engade a música en movemento a programación do festival. Segundo comunican desde a organización, malia o carácter de balde de todo o programa pode ser preciso realizar unha reserva previa de espazo para algúns recintos con capacidade limitada. Este ano tamén regresa ao Festival Noroeste Estrella Galicia o Mercado da Colleita, que estará situado na Praza da Leña durante os cinco dÃas de festival e que contará coa presenza de distintos produtores que participan no proxecto asà como con actividades de degustación e divulgación . O Mercado da Colleita é unha iniciativa de impacto social de Corporación Hijos de Rivera cuxo propósito é a transformación do rural nun medio máis próspero, sostible e saudable que xera benestar; a través da investigación, a concienciación e a divulgación de iniciativas inspiradoras que están a transformar o rural.