O venres coñeceuse o fallo dos xurados dos Premios Xerais 2022. A novela A culpa, de MarÃa Solar, fÃxose co Premio Xerais de Novela, Cicuta para dous de RocÃo Leira co Jules Venre de Literatura Xuvenil e Unha nova dimensión, de Anxo Iglesias, co MerlÃn de Literatura Infantil. AS tres obras gañaron por unanimidade nas deliberacións dos seus respectivos xurados e están dotadas con 10.000 euros.
En A culpa, a xornalista e Coordinadora de Cultura da Televisión de Galicia MarÃa Solar, constrúe unha novela de intriga que é, segundo o xurado, "un xogo de espellos entre dúas amigas e socias indisolubles, unha relación que comeza cunha clara manifestación de apoderamento persoal e feminino para se ir convertendo nunha submisión tóxica agoniante cun final perturbador onde a culpa se converte nun personaxe omnipresente". No caso de Cicuta para dous, da profesora RocÃo Leira, a novela, tamén de intriga, propón a investigación dun misterio aparecido na sección de anuncios por palabras dun xornal, e segundo o xurado "está tinguida de pinceladas filosóficas que dan xogo para a reflexión". No caso de Unha nova dimensión, este libro de poemas de Anxo Iglesias resultou gañador do Premio MerlÃn de Literatura Infantil e é definido polo xurado como un "orixinal compendio baseado na liberdade creativa e nos xogos coa linguaxe. Nas súas páxinas desprégase un amplo abano de composicións (romances, abecegramas, xitanxáforas, aladÃñas, haikus, pictopoemas, cancións...".
As obras editaranse nos vindeiros meses.