No alto do monte Moncai, na parroquia de Fornelas da Pobra do Brollón, existe un xacemento moi atÃpico: unha sorte de gran anel de pedras de cuarcita que figura como unha referencia na paisaxe e que exerce como marco entre a parroquia de Fronelas e de A Parte desde época inmemorial. Os veciños chámanlle A Muradella ou mesmo o Castelo, pero apenas hai tradición oral e a súa forma é atÃpica. Tan atÃpica que o propio xacemento aÃnda non foi inventariado pola Xunta de Galicia. Pero tampouco é habitual como se presenta a propia intervención. Se habitualmente os arqueólogos acuden a un xacemento cunha posible hipótese cronolóxica na cabeza que as evidencias deberán refutar ou negar a partir da excavación, neste caso o escenario prantexado polo director da intervención, Rodrigo Paulos Bravo, é ben atÃpico. Segundo explica no seu proxecto, A Muradella poderÃa ser un monumento megalÃtico tipo cairn da época do NeolÃtico, ou poderÃa ser algún tipo de fortificación altomedieval, ou se cadra todo o contrario. Unha intervención arqueolóxica que se iniciará este vindeiro luns e que se prolongará ata o 31 de xullo tentará esclarecelo a través de varias técnicas combinadas.
A singularidade do xacemento arqueolóxico da Muradella xustificou que a Asociación de Veciños de Cereixa MarÃa Castaña, a través do financiamento da Deputación de Lugo, a Universidade Nova de Lisboa e a Universidad Complutense de Madrid, xunto co apoio do INCIPIT, decidise emprender unha intervención arqueolóxica determinada a tentar coñecer a adscrición cronolóxica do recinto arqueolóxico.
A favor e en contra
No proxecto de intervención, o arqueólogo da UCM Rodrigo Paulos Bravo, expón os pros e contras de cada unha das hipóteses. Deste xeito, para Bravo o feito de que o monumento sexa intervisible con outras necrópoles megalÃticas da zona nun radio de ata 30 km, de que controle as vÃas de paso ou na forma especÃfica do relevo, son puntos a favor para que sexa un megalito de época prehistórica. Porén, o feito de que non existan referencias a lendas de mouros, de que non estea recuberto de terra ou que non haxa outras mámoas nas proximidades xogan á contra. Se se considerara, pola contra, que fose unha 'castronela' altomedieval ou tardoantiga, xogarÃa a favor o gran control visual do territorio, a toponimia de A Muradella, tipicamente asociada a fortificacións, e o gran volume de pedra, que poderÃa estar indicando a existencia dunha estrutura arquitectónica importante. Sen embargo, a planta non parece corresponderse coas das posibles fortificacións altomedievais publicadas nos estudos arqueolóxicos revisados por Rodrigo Paulo Bravos, non aparecen outro tipo de estruturas defensivas, non está próxima a vÃas de paso ou preto das zonas de val.
Para tentar solventar o enigma, os investigadores aplicarán diferentes técnicas como o gradiómetro, para buscar estruturas soterradas, ou unha sondaxe que atravesará boa parte da estrutura da masa pétrea do recinto. A intervención durará ata o 31 de xullo. Se cadra nese momento se poida coñecer cal das dúas hipóteses era a correcta. Ou se cadra apareza unha terceira.