Nun acto diante do presidente da Xunta de Galicia e moitas das autoridades institucionais do país, a Presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, avanzou as dez liñas de traballo que inauguran o seu segundo mandato. Aínda que Álvarez enfatizou que se daría continuidade ás liñas iniciadas en 2018, a presidenta enfatizou e destacou o papel institucional do CCG dentro da estrutura de institucións autonómicas, enfatizando a independencia e lealdade institucional como garantes do seu labor a través dos "informes, ditames, documentos de traballo e relatorios conclusivos", e reclamando unha "ampliación dos recursos económicos, que están aínda moi por baixo dos que tiñamos hai quince anos, antes da crise de 2008". Álvarez destacou a vontade de afondar na vía dixital, continuar arrequentando os nosos arquivos, procurar estratexias para chegar a "outros públicos". Neste sentido Rosario Álvarez quixo puntualiza que "reparen en que, para evitar equívocos, falo de "outros públicos", non só de "novos públicos / públicos novos" e chamou a atención sobre a necesidade de apostar pola igualidade de oportunidades no acceso á cultura, con independencia da clase social, situación vital ou distribución territorial.
Tralo acto, o pleno do CCG celebrou unha sesión para escoller os membros da Comisión Executiva que acompañarán a Presidenta durante estes catro anos. Tres deles recuncan: Xosé Manoel Núñez Seixas como vicepresidente, Silvestre Gómez Xurxo como secretario e Rebeca Blanco Rotea como vogal. Á Comisión Executiva incorpórase o catedrático de Música Alejo Amoedo como vogal. Tamén se nomearon os novos coordinadores de seccións. Alejo Amoedo estará á fronte do Arquivo Sonoro de Galicia; Carme Adán do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos; Celia Pereiro da Sección de Pensamento e Cristina Domínguez da Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais. Con estes nomeamentos complétase a remuda da institución que se iniciou o pasado mes de xaneiro.