Unha obra cerámica, unha animación, unha instalación e unha pintura ao óleo fixéronse coas catro bolsas Novos Valores que convoca o Museo de Pontevedra. A Deputación Provincial fixo público o fallo do xurado desta acción formativa, que recoñeceu os traballos Herdanza de mulleres de Eva Pena Fandiño, Sabor amargo de Borja Santomé RodrÃguez, Persoa Ola (Maternidade 2) de Teresa Búa Sambad e A Ponte do Alén de Julia Gil Ordóñez.
Cada unha das bolsas conta dunha dotación 7.500 euros para formación. Este xoves sete de xullo abre no Edificio Sarmiento do Museo a exposición que recolle as catro obras canda a outras trece seleccionadas polo xurado como as máis salientables desta edición entre as 36 que se presentaron. A mostra permanecerá aberta ata o vindeiro 11 de setembro.
Segundo explicou o director do Museo de Pontevedra, Xosé Manuel Rey, as catro pezas que o xurado seleccionou por unanimidade "abordan temáticas tradicionais e de vixente actualidade e debate, como a representación do ambiente 'máxico' de Galicia, o cuestionamento da idea da vivenda e o territorio dende un punto de vista feminista, a rápida transformación do mundo actual, ou o autocoñecemento das mulleres e o paradigma produtivista e patriarcal da sociedade".
De xeito paralelo, a Cidade da Cultura abrÃa este 6 de xullo a convocatoria para participar das súas catro residencias nos ámbitos das artes plásticas, escénicas, musicais ou de deseño. Cada unha das bolsas conta cunha dotación de 8.000 euros, cun orzamento total de 32.000, e o comité de selección "valorará positivamente a ligazón dos proxectos candidatos con outras disciplinas non recollidas nas bases".
Cada unha das propostas seleccionadas contará cun espazo no complexo do Gaiás para desenvolver o seu proxecto, ademais de apoio técnico e unha persoa encargada da mentorización e acompañamento do proceso creativo. As residencias desenvolveranse entre os meses de setembro e decembro de 2022.