O CDG participa do proxecto europeo Phōnē de teatro en linguas minoritarias

O encontro culminará en coproducións internacionais e nun evento multilingüe

| Santiago. Redacción | Seccións: TeatroLingua
Compartir:
Representación de 'A barca do inferno' de Moving Compass na Cidade da Cultura de Galicia

Representación de 'A barca do inferno' de Moving Compass na Cidade da Cultura de Galicia

A cabeceira pública do teatro galego, o Centro Dramático Galego, é unha das oito entidades pertencentes a un sistema teatral en lingua minoritaria que participarán do proxecto Phōnē, que este vindeiro fin de semana comeza o seu primeiro encontro en Tromsø (Noruega). O obxectivo declarado do proxecto financiado con fondos europeos é establecer unha rede de teatros para idiomas rexionais e minoritarios da Unión Europea. Xunto ao CDG participarán outras sete unidades teatrais de seis países que fan a súa actividade en linguas minoritarias (Países Baixos, Francia, Romanía, Italia, Irlanda e Alemaña). O proxecto facilitará que as minorías lingüísticas poidan comunicarse a través das barreiras do idioma das fronteiras culturais e tamén pretende deixar como legado mecanismos que se comproben útiles como métodos de traballo, así como un manual de boas prácticas (phōnēs be: part) para promover o teatro en linguas minoritarias. Entre os sete participantes está previsto desenvolver coproducións en festivais internacionais, e os participantes das oito comunidades involucradas crearán un evento de teatro multilingüe.

Con este proxecto preténdese dar voz, escenarios e unha plataforma para o intercambio as estes sistemas teatrais de linguas en perigo de extinción, para que poida transmitir a súa cultura e lingua a nova xeracións, con esta como grupo obxectivo máis importante. Phōnē promoverá a aprendizaxe de métodos para a produción de escritura biográfica/documental e teatro comunitario interxeracional a nivel europeo, o que segundo o previsto conducirá á produción de oito obras contemporáneas e montaxes profesionais. As producións abriranse a novos formatos, lugares (site specific) e medios dixitais (podcasts/vodcasts). No caso concreto do Centro Dramático Galicia, en cada fase de Phōnē (encontros de dirección, dramaturxia etc.) incorporaranse artistas galegos novos que estean en cada momento a levar a cabo algún espectáculo con produción ou participación da compañía pública. Así, no arranque do proxecto en Tromsø intervirá unha representación da compañía Moving Compass, coa que recentemente se levou a cabo en réxime de coprodución o espectáculo 'A barca do inferno' e que será unha das montaxes do ano dedicado a Galicia no Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro.

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A reunión teatral das nacións celtas

A reunión teatral das nacións celtas

O CDG impulsa un proxecto internacional que inclúe as cabeceiras teatrais nas linguas minoritarias de Irlanda, Bretaña, Gales e Escocia.

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Unión Europea, Centro Dramático Galego, Francia...