Unha xornada estuda o activismo sindical e político nos mariñeiros galegos durante a República

Celebrase o martes 5 de xullo no CCG

A costa galega viviu durante a República un intenso proceso de afiliación sindical e participación política por parte dos mariñeiros galegos, que apoiaron en gran medida as opcións republicanas coa chegada do novo réxime en 1931, e foi nesas zonas nas que se produciu unha gran desafección dos mariñeiros polo golpe de Estado franquista. Para analizar como a costa galega reaccionou ante os cambios político-sociais da Segunda República, o asociacionismo ou as vías de fuxida da represión tralo golpe de Estado de 1936, o Consello da Cultura Galega organiza a xornada "Memoria e historia do traballo no mar en Galicia, 1931-1939. República, asociacionismo mariñeiro e represión franquista", no que contará con especialistas como Pilar Cagiao, Emilio Grandío, Dionisio Pereira, Bernardo Máiz ou Eliseo Fernández. A xornada celebrarase o martes 5 de xullo de 2022 no Consello da Cultura Galega e poderase seguir en directo pola web.