Un total de vinte e unha actuacións, entre elas as de tres coproducións, compoñen o programa da a vixésimo oitava Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. A organización do evento presentaba na mañá deste 15 de xuño a nova xeira, que se desenvolverá na vila ourensá entre os dÃas 15 e 24 de xullo.
Sofá, de Marta Alonso Tejada, Relato para un incendio da Antena e mais O péndulo, de Inversa Teatro, compoñen a listaxe de coproducións que fan parte desta xeira. Canda a estas propostas, o programa destaca a presenza de nomes como a prestixiosa directora Chela de Ferrari, que propón un Hamlet protagonizado por persoas con sÃndrome de Down. Tamén despunta a compañÃa portuguesa Nome Próprio, que achega a súa montaxe Margem con Victor Hugo Pontes e Joana Craveiro, ou Teatro Español e Producciones Come y Calla con La infamia, un dos espectáculos revelación da temporada a nivel estatal.
A estas súmanse a fusión de danza, música e teatro que conforma a proposta Demente, de Fran Sieira para abordar as enfermidades mentais, A lúa vai encuberta, con A Quinta do Cuadrante e Incendiaria ou as propostas de teatro de obxectos que fan El Patio e os vascos CÃa. Marie de Jongh con El Mar: visión de unos niños que no lo han visto nunca e AMA. Tamén a ironÃa sobre a especulación inmobiliaria do Explore el jardÃn de los Cárpatos da compañÃa catalá José y sus hermanas ou a versión da farsa polÃtica de Aristófanes Las aves que propón La Calòrica, tamén de Cataluña.
O evento presenta como lema desta nova edición Actuando nas marxes, "eses espazos artÃsticos, sociais, xeográficos e polÃticos que nos estimulan, que nos cuestionan, que nos convidan a ver a complexidade da realidade sen caer en discursos simplistas". Segundo explica a organización, "Os lÃmites e o prohibido, o tabú, o esquecido, aquilo que moitas veces se oculta, o que non podemos definir, o que nos provoca incertidume, o que nos fai rir de xeito incómodo, o que nos convida a revisitarnos na nosa vida de enxuizamento e polarización constante. É un tema estimulante, un concepto aberto, na liña da creación contemporánea e do seu carácter liminal, como quere ser este festival que sempre aposta por descubir e explorar novas fronteiras e o modo de cuestionalas".