A Academia Galega de Teatro entregará este xoves, 16 de xuño no Ateneo Ferrolán, o Premio da Academia a Luciano Fernández Vicente, Director Técnico do Pazo da Cultura de Narón, pola súa contribución ao sistema teatral e longa traxectoria profesional no Concello de Narón. Segundo comunica a AGT, Luciano Fernández comezou o seu labor teatral xa na década de 1980, "cando se estaban a poñer as primeiras pedras do sistema profesional do teatro galego". Para a academia Fernández "xorde como unha figura esencial no impulso e na creación de innumerables iniciativas como o Padroado da Cultura de Narón (1981), a Mostra 'Xeración Nós' (1984), o I Congreso de Animación Sociocultural (1985), os primeiros "dÃas teatrais" (1985), os Xoves teatrais de Ferrol (1986)". Colaborou tamén, segundo lembra a AGT, con outras figuras da cultura galega da época, na renovación do Ateneo Ferrolán, e participou da creación de circuÃtos e programacións "que axudaron a estimular e promocionar a nacente actividade escénica profesional".
A Academia recoñece nel, "un bo xestor, que hoxe é recoñecido pola profesión teatral ao outorgarlle este recoñecemento e compartilo coa sociedade, a mesma sociedade pola que Luciano Fernández traballou durante estes 35 anos; pode e debe de estar contenta cidadanÃa de Narón e por tanto pode e debe de estar contento e satisfeito o Concello de Narón pois tivo e ten a oportunidade de contar cos mellores, con aqueles que son exemplo, con quen pon no seu centro vital os servizos públicos da cultura por quen ten o teatro como profesión cousa difÃcil de entender hai 35 anos". Por outra banda, no mesmo acto, a AGT presentará a edición impresa das actas do I Congreso Internacional do Teatro Galego, un volume de case mil páxinas que recolle as achegas realizadas durante o encontro que tivo lugar en outubro de 2020 e que deseñou os principios teóricos que deberÃan guiar a creación dun plan estratéxico e dunha lexislación que ampare a creación e distribución escénica para a vindeira década.