A serie documental 'Corpo de vento: viaxe ao corazón dos órganos galegos', realizado pola produtora Sirgo Torcendo ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia xa está dispoñible no Portal da Lingua Galega e na canle de YouTube de Política Lingüística. 'Corpo de vento' consta de catro capítulos sobre o mundo dos órganos, que ten como obxectivo achegar un amplo público ás paisaxes organísticas e á historia da organería en Galicia ao tempo que contribúe a facer do galego unha lingua asociada a ámbitos que tocan a ciencia, a historia, a técnica e a arte. Os catro capítulos, de 20 minutos cada un aproximadamente, abordan diferentes aspectos relacionados con estes instrumentos: desde o contexto xeral do órgano en Galicia até os principais instrumentos que podemos atopar na nosa terra, facendo tamén referencia aos organistas que traballaron en Galicia e aos organeiros e a industria organeira galega ao longo da Historia.
Así mesmo, procura un achegamento ao ámbito lusófono a través da participación de músicos e outros axentes portugueses, retomando o vínculo histórico coa organería do país veciño. É por iso que a serie foi gravada en diferentes localizacións das catro provincias galegas e norte de Portugal, a fin de pescudar tamén nas raíces galegas da industria organeira lusa, contribuíndo así a difundir os valores do patrimonio e da cultura galega a través do amplo legado cultural e musical que representa o patrimonio organístico e o conxunto de técnicas, procedementos, prácticas e saberes a el asociado. Belén Bermejo foi a directora artística e produtora executiva do proxecto e Andrés Díaz Pazos, encargado da dirección e do guión. A iniciativa conta ademais coa colaboración do actor José Manuel Fernández Pepes e dos escritores Eva Veiga e Carlos Penela.
PRIMEIRO CAPÍTULO