O futuro dunha Europa multicultural centra un debate celebrado en Santiago

Migracións

Con 34 anos de antigüidade, o Instituto Teolóxico Compostelano, acolle unha nova edición das Xornadas de Teoloxía. Un debate que este ano se centra nas migracións europeas. As xornadas están organizadas pola Universidade Pontificia de Salamanca e contará coa presencia dos máis destacados especialistas na materia.

Carácter das xornadas


Hoxe martes darán comezo ás 34ª xornadas de Teoloxía, que este ano levan por título "Cara unha Europa multicultural. O reto das migracións". As xornadas comezarán cun discurso do arzobispo compostelano que explicará o cometido desta edición e os obxectivos que se pretenden acadar.
As conferencias do primeiro día das xornadas están adicadas a analizar o"O perfil sociolóxico do fenómeno migratorio", que pretenden afondar en varios aspectos. En primeiro lugar intervendrá Antonio Izquierdo quen falará da "Inmigración: reto europeo do século XXI"; seguido de José Sánchez Jiménez cunha ponencia titulada "Movementos migratorios contemporáneos". Rematan a sesión Fernando Amarelo de Castro, Ángel Losada e José Luís Barreiro Rivas.
O resto dos días analizaranse as perspectivas éticas, teolóxicas, políticas e culturais da emigración, as implicacións éticas dos movementos migratorios e as perspectivas pastorais.












Incripción e custo


A asistencia ás xornadas custa 12.000 pesetas e 6.000 para estudiantes da Universidade Pontificia de Salamanca e calquera dos centros asociados. E os que se queiran incribir poden facelo no propio Instituto Teolóxico Universitario no que se desenvolverán as xornadas.
Con estas xornadas a Universidade Pontificia de Salamanca pretende afondar nun dos problemas da sociedade actual, que é o que atende a todos os fenómenos migratorios de poboación.