A última vez que deixou o Colexio de Fonseca o Libro de Horas de Fernando I e Sancha foi no ano 1993. E hoxe pola mañá este extraordinario códice, escrito no ano 1055, percorreu de novo as rúas da cidade para chegar á sede de Afundación, na rúa do Villar. O libro, o máis antigo da cidade e posiblemente de Galicia, formará parte da exposición "Santiago de Compostela no tempo", a primeira das sete que integran o proxecto "Cidades no tempo", promovido pola ConsellerÃa de Cultura e Afundación, e que se inaugura mañá venres na sede de Afundación na rúa do Villar.
Entre fortes medidas de seguridade, a directora da Biblioteca da USC, Mabela Casal, e os técnicos, saÃron da furgoneta doblemente escoltada e introduciron no edificio o libro, baixo a supervisión do Conselleiro de Cultura, Román RodrÃguez, o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, o xerente de Afundación, Pedro Otero, o comisario da mostra, Manuel Gago e o coordinador local, Xosé Ramón Lema Bendaña.
O Libro de Horas de Fernando I e Sancha é considerado o primeiro códice no que se introduce a linguaxe formal do románico na PenÃnsula, e é unha encrucillada de influencias entre a vella espiritualidade dos reinos xermánicos e os novos cultos chegados de Francia a través da influencia de Cluny. Pero ademais contén unha escena considerada polos especialistas como o primeiro retrato real da PenÃnsula Ibérica e o primeiro 'cadro de historia'. Nel apréciase á raÃña Sancha, que foi quen encargou e se involucrou no proceso de confección do libro, o rei consorte Fernando I e unha misteriosa figura central que os investigadores consideran ben o escriba que redactou o libro, ben un dos fillos do matrimonio. Pero o abraiante é que os dous observan e están pendentes da actitude desta raÃña galega, educada preto de Betanzos.
Debido á súa enorme relevancia histórica e á súa excepcionalidade, a Universidade de Santiago de Compostela mantén o Libro de Horas baixo estritas condicións de seguridade, nunha cámara acoirazada, e cun acceso moi restrinxido. De feito, a última vez que o libro saiu do Colexio de Fonseca foi no ano 1993, e foi para outra exposición tamén en Santiago de Compostela, aÃnda que tamén participou nalgunha mostra organizada dentro do propio Colexio de Fonseca. O Libro de Horas poderá ser contemplado na exposición durante un mes. Tras ese tempo, será substituÃdo por un facsÃmile.

Fortemente custodiado, hoxe o Libro das Horas de Fernando I e Sancha, da @UniversidadeUSC chegou á sede de @Afundacion_org para a expo Santiago de Compostela no tempo.
— Manuel Gago (@magago) June 2, 2022
Só 100 metros en liña recta. Pero unha gran viaxe para un libro do ano 1055.
Unha xoia da cultura europea. 👇 pic.twitter.com/cqk4HpinNO