Dúas pezas recentes e inéditas de Darío Xohán Cabana, o primeiro relato de Xosé Luís Mendez Ferrín en vinte anos e unha achega da tamén pouco prolífica nos últimos tempos Úrsula Heinze son algunhas das xoias que garda "Fisterra". O libro presenta un escaparate da narrativa galega actual no seu formato máis curto, o relato breve. Publicado pola editorial ourensá Linteo e coordinado polo xornalista e escritor Xosé Manuel Del Caño, "Fisterra" reúne textos inéditos dun extenso listado de plumas galegas actuais de diferentes estilos, orixes e xeracións sumando ata 40 nomes coas súas correspondentes achegas.
En concreto nesta obra coral contribúen con composicións breves Xavier Alcalá, Fran Alonso, Xosé María Álvarez Cáccamo, Diego Ameixeiras, Rosa Aneiros, Anxo Angueira, Carmen Blanco, Darío Xohán Cabana, Héctor Cajaraville, Marica Campo, María Canosa, X. M. del Caño, Paula Carballeira, Ramón Caride, Francisco Castro, Luz Darriba, Pedro Feijoo, F. X. Fernández Naval, Alberto Fortes, Carlos G. Reigosa, Úrsula Heinze, María López Sández, Andrea Maceiras, Xesús Manuel Marcos, Paco Martín, X. M. Martínez Oca, Marina Mayoral, X. L. Méndez Ferrín, Xosé Miranda, Estro Montaña, Eva Moreda, Olga Novo, Emma Pedreira, Elvira Ribeiro, Eli Ríos, Antón Riveiro Coello, Claudio Rodríguez Fer, Alfonso S. Palomares, Anxos Sumai e Rexina Vega. A eles hai que sumar o prólogo de Manuel Forcadela. O libro presentarase o vindeiro luns, 9 de xuño, no Liceo de Ourense. Segundo o previsto desde a entidade, 'Amigos do Libro Galego, Artes e Letras', impulsora do proxecto, o volume é o primeiro deste proxecto e terá continuidade noutro con máis achegas doutros creadores cuxa publicación se espera con outra editorial para comezos de 2023.
AFundación suma literatura á súa colección de arte
A mestura entre literatura e arte foi a receita elixida por Afundación, a Obra Social de ABANCA, como fórmula de achegamento á Colección de Arte da entidade. A través do volume 'Suma Creativa', ofrecésenos un compendio de novos relatos inspirados en pezas desta colección, declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 2015. Dez escritores achéganse a obras escollidas por eles mesmos de outros tantos autores presentes na colección da entidade. Ledicia Costas, Berta Dávila, Antonio Manuel Fraga, Diego Giráldez, O Hematocrítico, María Lado, Emma Pedreira, Mario Regueira, Eli Ríos e María Solar son as escritoras e escritores que levan á literatura as creacións de Victoria Diehl, Julia Minguillón, María Antonia Dans, Maruja Mallo, Ánxel Huete, Jorge Perianes, Berta Cáccamo, Urbano Lugrís, Pamen Pereira e Álvaro de la Vega. Cun total de once relatos, este volume permite apreciar a valía das letras e a plástica galega contemporánea. O libro está xa á venda na tenda online de Afundación.org, así como nas sedes da entidade.