Co gallo do DÃa das Letras Galegas dedicado a Florencio Delgado Gurriarán, o Arquivo da Emigración Galega publicou no web do Consello da Cultura Galega un especial das "Historias de ida e volta" dedicado á literatura galega de posguerra producida ou editada en América. Deste xeito, presentan vinte tÃtulos e autores representativos da creación cultural galega no continente americano. Autores como Castelao, Varela Buxán, Rey Baltar, Emilio Pita, LuÃs Seoane, Lorenzo Varela ou o propio Delgado Gurriarán, entre outros, dos que se repasa a súa traxectoria en América e as súas principais publicacións.