O Teatro Lauro Olmo de Valdeorras acollerá este vindeiro venres a estrea de 'Asemblea xeral' a nova montaxe de Sarabela Teatro en coprodución co Centro Dramático Galego. Este espectáculo, conmemora o centenario do dramaturgo valdeorrés que dá nome ao recinto xa que o texto orixinal da obra é do propio Lauro Olmo (1922- 1994), coescrito coa súa dona a tamén escritora Pilar Enciso (1926-2008). A obra, dirixida a un público familiar, baséase na fábula de La Fontaine 'Os animais apestados', a partir da que se constrúe unha trama traxicómica que pon en evidencia os mecanismos de poder que presiden os réximes sociais autoritarios. A peza foi galardoada co premio Manuel Espinosa e Cortina da Real Academia Española da Lingua como mellor obra estreada no quinquenio 1977-1981. Nela, os animais sofren a peste e, crendo que é un castigo do ceo, buscan un culpable para sacrificalo. Con este fin acordan unha asemblea xeral onde cada un confesará as súas faltas.
A sesión inaugural terá lugar ás 21,00 h. na vila natal e no espazo que leva o nome do coautor do texto, que se leva a escena con dirección de Fina Calleja. A montaxe levada a escena por Sarabela Teatro coa versión de Fernando Dacosta e Fina Calleja conta no seu elenco con Fernando Dacosta, Sabela Gago, Fran Lareu, Héctor MartÃnez e Elena Seijo. O equipo complétano Amenosde7metros no deseño e realización da escenografÃa, José Manuel Bayón no de luz, Tegra e Lele no de vestiario e Renatta Coda Fons no espazo sonoro, con arranxos musicais de Ramón RaÃndo. As entradas poden adquirirse de xeito anticipado no establecemento local Ton y Son e no propio dÃa no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio.
Vindeiras producións do CDG
'Asemblea Xeral' é a sexta e última das coproducións programadas polo Centro Dramático Galego para este primeiro semestre do ano. De cara ao segundo semestre, a unidade teatral da Xunta puxo xa en marcha novas producións propias, co inicio do proceso para a selección de 18 intérpretes. Trátase de tres montaxes que verán a luz a partir de setembro e ao longo do primeiro semestre de 2023. Os seus tÃtulos provisionais son 'Recortes, caneos e outras formas de driblar', 'Shakespeare en Roma' e 'Un hotel de primeira sobre o rÃo'.