A plataforma Grupos de Vigo en Loita, creada por músicos da cidade olÃvica para canalizar as súas protestas sobre as condicións dos locais de ensaio municipais Vigosónico, organizará o vindeiro venres un concerto de reivindicación das súas reclamacións. O club Molotov acollerá o venres 3 de xuño este acto que inclúe a sete bandas da escena viguesa, para reclamar a mellora das salas de ensaio de Vigosónico e tamén servirá para reivindicar a presencia de bandas viguesas na programación de verán do Concello, que, para o colectivo organizador "brilla pola súa ausencia, especialmente cando esta poderÃa servir de altofalante da cultura da cidade xuntando aos artistas da cidade cos grandes nomes internacionais". O evento contará con músicos de diferentes estilos, dende o rap de La Cloaka Sound e JCA, pasando polo punk dos Vacalouras, o metalcore de Arson Tides, a mestura de rap e rock do Puto Show, o pop punk de Gracias por Nada, o rock duro de West Ride ou o rock de Einconscientes. A entrada será de balde.
A convocatoria deste concerto por parte da plataforma supón outro capÃtulo no desencontro que manteñen co alcalde Abel Caballero sobre a situación de Vigosónico e que se xa leva varios meses de declaracións cruzadas, promesas municipais e denuncias de incumprimentos. De feito esta acción chega logo dunhas declaracións de Caballero, nunha rolda de prensa na que afirmaba, ante as denuncias das deficiencias de Vigosónico por parte dos usuarios agrupados na plataforma, que "después de ver algunas de las cosas que decÃan hace unos dÃas, me temo que no responden a la realidad". Desde o colectivo instan a o rexedor a sinalar onde se está a faltar á realidade nas denuncias que eles fan e rebaten pola súa banda algunhas das afirmacións que fai o alcalde respecto ás condicións nas que se poden usar actualmente esas instalacións e o seu equipamento logo do recorte en horas dispoñibles e condicións dende a súa reapertura a principios deste mes.