O vindeiro 21 de maio a sede da Deputación Provincial da Coruña acolle a XII xornada A cultura é un dereito. Organizada pola área de Cultura do organismo, este encontro artéllase co tÃtulo "Impacto positivo: unha alianza festivais-administración" e pon o seu foco na sustentabilidade destes eventos.
Unha mesa de ideas sobre "Accesibilidade, EnerxÃa, Residuos, Auga, Patrimonio: de teloneiras a artistas principais" abordará diferentes cuestións sobre a organización destes eventos e a aplicación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030. Jone Pérez, colaboradora da organización internacional A Greener Festival, Pablo Galindo, coautor da GuÃa de accesibilidade e inclusión en festivais de música en España, a ambientóloga e socia fundadora de EcoEvent Nuria DÃaz e mais a especialista en xestión técnica de eventos Nuria Balboa achegarán a súa experiencia. A xornada continuará cun obradoiro sobre como se enfrontar á elaboración dun plan de sustentabilidade para un evento deste tipo. As sesións retransmitiranse polo Youtube da Deputación.
Con posterioridade, o 9 de xuño, a Casa da Cultura de Carral acollerá á décimo terceira xornada, co lema "Os certames de poesÃa como motores dunha literatura propia". Na sesións abordaranse as experiencias dos concursos e debaterase sobre novos modelos para estes galardóns. A experiencia editorial con obras premiadas, a de autoras e autores que se presentan a estes certames ou o futuro dos mesmos serán algúns dos temas que se abordarán en diferentes mesas. O prazo de inscrición á xornada está aberto.