A illa de Ons reuniu cando menos dúas fábricas de salga e "estruturas asociadas ao complexo industrial romano, como unha rampla de acceso desde a praia para subir o peixe ás fábricas", sinalou Adolfo Fernández, o investigador do grupo GEAAT da Universidade de Vigo responsable das investigacións arqueolóxicas que se están levando a cabo nas Illas Atlánticas, promovidos polo Parque Nacional. Desta volta, presentáronse os resultados das prospeccións e escavacións de 2021 e anunciaron a realización dunha nova campaña no verán no castro do Castelo dos Mouros. Os traballos de 2021 confirmaron a funcionalidade das estruturas romanas como espazos de procesado de peixe pero tamén permitiron confirmar, a partir da numerosa presenza de cunchas de múrices, dunha instalación para a fabricación da púrpura, o carÃsimo tinte empregado para a coloración dos téxtiles romanos. TratarÃase da primeira instalación para producir púrpura localizada no norte da PenÃnsula Ibérica. A maiores, a investigación interviu por primeira vez no interior do castro do Castelo dos Mouros, onde localizou parte dunha vivenda que, ao igual que as propias factorÃas de salga, estivo en activo ata finais do século IV d.C. Nesta habitación localizouse un tesouriño de 31 moedas de bronce de época tardoantiga.