Ata o momento, era a Illa de Sálvora a única do Parque Nacional das Illas Atlánticas que non fora obxecto dunha escavación arqueolóxica. Unha recente intervención arqueolóxica do Grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo interviu recentemente na illa, documentando os posibles restos dunha factorÃa de salga baixo as dunas. O xacemento arqueolóxico xa fora localizado en 2008 dentro dunha prospección arqueolóxica integral das Illas Atlánticas levada a cabo polos arqueólogos do INCIPIT (CSIC) Paula Ballesteros, Alejandro Güimil e ElÃas López-Romero. Os achados, levados a cabo cunha pequena sondaxe, revelaron un verquedoiro con numerosos restos de fauna, fragmentos cerámicos, un coitelo de ferro e mesmo unha fibela de bronce, en boas condicións de conservación debido a estaren tapados pola duna. Tamén apareceu restos dun muro e moitos fragmentos do morteiro hidráulico empregado con frecuencia nas pÃas de salga de época romana. Para os arqueólogos, "o que se atopa baixo a duna sur do Areal dos Bois é moi posiblemente unha nova factorÃa de salgadura de peixe de época romana", segundo o director do proxecto, Adolfo Fernández. A iniciativa é parte do convenio subscrito entre a Universidade de Vigo e o Parque Nacional das Illas Atlánticas, dentro do cal xa se escavaou o ano pasado outra factorÃa romana en Ons.