Este seis de maio o Centro Sociocultural José Saramago de Vite, en Compostela, acollÃa o acto de presentación de Vite Arquiva. Esta iniciativa, que deu os seus primeiros pasos en 2019, naceu como "un proxecto comunitario que pretende coñecer, documentar, arquivar e difundir a memoria do barrio", que naceu como un polÃgono de vivendas nos anos 60 e 70 e desenvolveuse como comunidade cun grande peso do asociacionismo, en particular ao longo dos anos 80 e 90.
No acto deuse a coñecer o proxecto e presentáronse nunha mesa redonda testemuños de persoas da veciñanza de diferentes idades e experiencias a amosar a pluralidade de xeitos de vivir en Vite.
Para alén de compilar información histórica sobre a zona en diferentes arquivos e hemerotecas, Vite Arquiva chama á colaboración da veciñanza para achegar documentación e historias sobre a evolución desta área. Segundo explica a coordinación da iniciativa "estamos a deseñar un método de traballo que implica executar varias actividades para coñecer, documentar, rexistrar, arquivar e difundir o patrimonio inmaterial do barrio, entendido como un arquivo de memoria" e prevén desenvolver novas propostas de encontro coa veciñanza.
Vite Arquiva naceu co apoio do Instituto de Ciencias do Patrimonio do Centro Superior de Investigacións CientÃficas, que aplicou a esta iniciativa de xeito piloto a metodoloxÃa Cabila para o traballo comunitario co patrimonio. Na actualidade, o proxecto continúa con este apoio académico a través dun proxecto do plan estatal de I+D HabitPAT. Os coidados do patrimonio. Na actualidade o proxecto conta con espazo web e un local no propio Centro Sociocultural. O proxecto colaborou coa compañÃa Chévere en 2021 a achegar documentación e datos para o proxecto Dramawalker Vite, realizado co apoio do Centro Dramático Nacional.