Este 29 de abril o Circo de Artesáns da Coruña acollÃa a presentación dos primeiros catro volumes da obra dramática galega completa de Manuel Lourenzo. Esta iniciativa, que a Federación Galiza Cultura desenvolve co apoio da Deputación da Coruña, pretende compilar as 300 pezas teatrais que compoñen o traballo deste nome histórico da nosa escena en sete volumes. O material para o proxecto foi revisado, corrixido e ampliado polo propio autor co apoio da profesora da Universidade da Coruña Cilha Lourenzo.
Está previsto que para o vindeiro mes de xuño vexan a luz os tres volumes restantes deste ambicioso proxecto, que compilará, segundo Galiza Cultura "desde obras orixinais, de compañÃas fundadas por el ou inspiradas nas súas creacións e, mesmo, adaptacións de obras clásicas", e que estará composto nun 60% de materiais inéditos.
A intención con esta edición é, para a Federación, "a distribución da obra dramática galega completa, tomando como destinatarias prioritarias as bibliotecas públicas galegas, os centro de ensino público e aquelas outras entidades públicas relacionadas co ensino, a cultura e as artes dramáticas. Pretendemos, se cabe, normalizar o teatro e normalizar a lingua propia, facendo accesÃbel ao público en xeral toda historia dramática galega contemporánea".