fin de semana 12/09

Anxos Sumai sobe aos seus zapatos de tacón de agulla e desde o alto deles vai preparando unha receita de ancas de principe enfeitizado. Cando fai un ano desde o comezo de "Anxos... de garda" a escritora escribe unha das súas máis fermosas entregas comunicándose e sincerándose cos seus lectores en moitas cousas. E moitas cousas diferentes e mesturadas poderás atopar nun novo encrucillado que presentamos animándote a que dediques uns minutos a entreterte na súa grella.