O programa de radio “Sempre en Galicia”, que se emite no noso idioma desde hai máis de cincuenta anos en Montevideo, poderÃa desaparecer de non resolvérense os problemas económicos que o ameazan. A crise que sofre Uruguai está a afectar ao financiamento do espacio radiofónico, polo que varios membros do Patronato da Cultura Galega de Uruguai residentes en Galicia acaban de abrir unha conta para que os interesados realicen doazóns solidarias que garantan a continuidade deste programa. O número de conta é o 2080-0155-19-0040020596, nas oficinas de Caixanova.
Máis información no noso tema sobre o programa e en Vieiros