A Xunta publicou recentemente o documental Por que o trap contén ritmo de muiñeira? Músicas de moda, universais e de noso, conducido por Carlos Núñez e elaborado por Keltia Producións, no que se indaga na raÃz das chamadas 'músicas urbanas' e no que se exploran as conexións culturais ancestrais de moitas destas músicas desde o punto de vista da orixe dos ritmos, a conexión entre música e lingua ou a historia das melodÃas. Falan músicos como Boyanka Kostova ou as Tanxugueiras, ou expertos como Carlos Villanueva, Faustino Núñez, Henrique Monteagudo ou RosalÃa RodrÃguez Vázquez. O documental foi realizado ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.