Os premios Follas Novas do Libro Galego, antigos Premios Gala do Libro, acaban de completar a primeira fase de selección da edición deste 2022, segunda con este nome mais a sétima en xeral, a resultas da cal son candidatos aos premios seis tÃtulos por categorÃa. En total, máis de setenta tÃtulos editados en Galicia no pasado ano son candidatos aos premios Follas Novas nas doce categorÃas trala primeira fase de selección realizada polo xurado destes galardóns que, na seguinte fase escollerá tres finalistas e, na última, os tÃtulos gañadores en cada unha das categorÃas. Case trinta editoriais está representadas nesta lista de finalistas, resultando as máis presentes Galaxia e Edicións xerais, con trece e dezasete obras finalistas, respectivamente. Na categorÃa de Narrativa estas dúas grandes editoriais copan os seis tÃtulos premiables, mentres que na de Xuvenil cinco dos seis tÃtulo pertencen a Edicións Xerais . Na categorÃa de Xornalismo cultural os seis finalistas inclúen a Belén Regueira; Pilar GarcÃa Rego; Selina Otero; Xesús Fraga; Susana Pedreira e Sermos Galiza (suplemento cultural).
Nesta edición dos premios Follas Novas ampliouse o proceso de elección dos premios cunha nova fase antes da designación de finalistas. Os resultados destes premios daranse a coñecer na gala que terá lugar no Teatro Principal de Santiago o vindeiro 7 de maio. Os premios Follas Novas están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritoras en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de LivrarÃas Galegas. Coas novidades introducidas para esta edición, as tres organizacións convocantes dos galardóns fixeron unha proposta inicial que superou o centenar e medio de tÃtulos, ampliando o numero de obras participantes sobre edicións anteriores. Sobre esa proposta, o xurado fixo a selección para escoller os seis tÃtulos candidatos en cada categorÃa ademais das categorÃas de proxectos e de xornalismo cultural. De entre os seis tÃtulos por categorÃa se escollerán tres finalistas, como se fixo en anteriores edicións e, finalmente, o xurado escollerá aos gañadores que se coñecerán na gala dos Premios Follas Novas.
Primeira fase de finalistas dos Premios Follas Novas do Libro galego 2022.Nesta edición dos premios Follas Novas ampliouse o proceso de elección dos premios cunha nova fase antes da designación de finalistas. Os resultados destes premios daranse a coñecer na gala que terá lugar no Teatro Principal de Santiago o vindeiro 7 de maio. Os premios Follas Novas están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritoras en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de LivrarÃas Galegas. Coas novidades introducidas para esta edición, as tres organizacións convocantes dos galardóns fixeron unha proposta inicial que superou o centenar e medio de tÃtulos, ampliando o numero de obras participantes sobre edicións anteriores. Sobre esa proposta, o xurado fixo a selección para escoller os seis tÃtulos candidatos en cada categorÃa ademais das categorÃas de proxectos e de xornalismo cultural. De entre os seis tÃtulos por categorÃa se escollerán tres finalistas, como se fixo en anteriores edicións e, finalmente, o xurado escollerá aos gañadores que se coñecerán na gala dos Premios Follas Novas.