A Editorial Galaxia ábrese formalmente aos imaxinarios da ciencia ficción cunha nova colección que dá a volta o nome do xénero pero chega ao mesmo lugar: Ficción CientÃfica. A novela "A soidade selénica", de Juan Parcero (Moaña, 1977), é a obra encargada de inaugurar esta nova liña. A novela presentarase o vindeiro dÃa 9, ás 20 h, no salón de plenos do Concello de Moaña. Acompañando o autor, estará a concelleira de Turismo e Promoción Económica, Coral RÃos. Despois de tres novelas psicolóxicas ("Sangue no ollo", "A fiestra aberta" e "Vento na cara") e unha manchea de curtametraxes, Juan Parcero pasa agora á ficción cientÃfica levando consigo as preguntas que poboan a súa obra: o medo, a melancolÃa, o mundo onÃrico, a soidade. Desta vez dende un lugar afastado no tempo e no espazo, o que lle permite usar as referencias musicais, cinéfilas e literarias do seu propio e poliédrico universo.
Con esta proposta, a editorial apoia a publicación dun tipo de historias que sitúan a acción nun espazo e nun tempo imaxinarios, que versan sobre o impacto social que poden producir os avances cientÃficos, tecnolóxicos, ou culturais. Este é o caso do libro de Parcero, que sitúa ás lectoras e lectores nun futuro oceánico e nuclear, no que a única saÃda para a humanidade será a vida fora da Terra. Trátase dunha apertura de recoñecemento da importancia dun xénero literario popular por parte dunha editorial, que malia ter nome galáctico, aÃnda tardou en entrar nestes campos da narrativa literaria nos que o galego aÃnda é un idioma de creación pouco habitual. A publicación máis antiga que se recorda deste xénero no noso idioma é 'Campaña da Caprecórneca', unha viaxe á Lúa escrita polo galego emigrado en cuba LuÃs Otero Pimentel en 1898 e publicada orixinalmente na revista Follas Novas da Habana. Entre os escritores contemporáneos o máis prolÃfico nestes temas foi Ramón Caride, con varias obras deste xénero da ficción cientÃfica.