A Deputación da Coruña celebrará unha Gala de premios culturais xuntando as entregas adiadas pola pandemia dos galardóns dos seus múltiples certames culturais dos anos 2020 e 2021. O Teatro Colón acollerá o sábado 23 de abril este evento creado para recuperar eses actos públicos de entrega dos premios que non tiveron lugar nestes anteriores dous anos, reunindo 31 persoas premiadas e a preto de 150 persoas que participaron de xeito directo no desenvolvemento destes premios, entre xurados, comisariados e comisións lectoras, tal e como indicou o deputado de Cultura, Xurxo Couto, na presentación do evento acompañado polas actrices que conducirán a Gala, Carmen Méndez e Lidia Veiga. Segundo Couto "será unha celebración colectiva do papel crucial que a Cultura tivo durante estes dous anos de crise pandémica, da luz que a Cultura dá á sociedade, e un recoñecemento a creadores, creadoras e ao sector cultural no seu conxunto" asegurou o deputado.
As presentadoras lembraron que neste evento singular entregaranse os diversos galardóns que anualmente convoca o ente provincial correspondentes aos pasados dous anos, que inclúen 5 premios literarios -o Torrente Ballester de narrativa, o González Garcés de poesÃa, o Dieste para textos teatrais, o Rañiña Lupa de LIX e o Manuel MurguÃa de ensaio-, 5 premios de artes visuais - o Ksado de creación fotográfica, o Isaac DÃaz Pardo de artes plásticas, o Jesús Núñez de artes gráficas, o Antón Fraguas de artesanÃa e o Castelao de banda deseñada-, 3 premios de música -o Narf para artistas e grupos musicais, o Andrés Gaos de composición musical e o Quero Cantar para bandas infantÃs e xuvenÃs-, e 2 premios para a acción cultural -o RosalÃa de Castro de dinamización da lingua e o Begoña Caamaño para a igualdade de xénero-. A Gala tamén contempla as actuacións do contador Celso F. SanmartÃn e da formación musical Son TrÃo, composta polas músicas Su Garrido Pombo (voz) Katerina Linke (piano), e Susana Blanco (cello). Todas as persoas premiadas recibirán unha escultura creada ad hoc pola artista Soledad Penalta, que cun 'C' en metal curvado representa o 'C' de Cultura e o 'V' de Coruña, e que está suxeitado na base por siluetas "que para min representan á xente que sostén e que eleva a cultura deste paÃs" indicou Lidia Veiga.