Mofa e befa.
No verán de 2012, culturagalega.gal publicou o podcast A tramoia descuberta no que entrevistaban a destacados profesionais das artes escénicas galegas, incluídos algúns que xa non están. Os xornalistas Manu López e Ramón Estévez desenvolveron o proxecto durante oito programas que agora reunimos aquí para facilitar a súa consulta, co gallo do Día Mundial do Teatro que se celebrará este domingo 27 de marzo.
1. Da pluma ás táboas
Neste primeiro programa, Manu e Ramón entrevistan a Cándido Pazó, sobre o oficio da dirección escénica.
2. Ben acompañados
Manu e Ramón falan con Eduardo Alonso, director de Teatro do Noroeste, ao redor do mundo das compañías teatrais galegas.
3. Os contacontos
A actriz Charo Pita explícalle a Manu López e Ramón Estévez as claves da profesión de narrador oral. Ah, e tamén lle preguntamos aos críticos máis implacables, os propios nenos.
4. Na rúa tamén se fai teatro
Manu López e Ramón Estévez investigan nesta entrega de A tramoia descuberta nesta variedade de actuación da man de Salvador del Río, de Teatro de Ningures, e de Jorge Rey, de títeres Cachirulo, que explican os desafíos e as posibilidades da rúa como espazo escénico.
Your browser does not support the audio element.
5. Sobre as táboas
Desta volta falan Ernesto Chao, director de Lagarta, lagarta (compañía que acaba de anunciar a súa falta de actividade logo de 11 anos) e Yolanda Muíños.
Your browser does not support the audio element.
6. Tras o pano
"A nosa é unha profesión que ten que parecer que sexa fácil, aínda que hai grados de dificultade", asegura Eilixio Vieites, tramoísta do Centro Dramático Galego. Canda el, o recoñecido iluminador Baltasar Patiño protagonizan unha nova entrega de “A tramoia descuberta
Your browser does not support the audio element.
7. Sala aberta
Fala Pedro Fresneda, un dos responsables da Sala Ensalle que baixo a fórmula de asociación e a microfinanciación mantén este espazo alternativo vigués, un espazo con pouca produció propia pero cunha importante programación mantida con escasos recursos económicos.
8. Os irreverentes
Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira en Shakespeare para ignorantes
Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira en Shakespeare para ignorantes
Os máis irreverentes do teatro son os creadores e actores de obras humarísticas. Evaristo Calvo e Vitor Mosqueira, ou o que é Mofa e Befa dan as claves deste xénero.
Your browser does not support the audio element.




