Podcast: A tramoia descuberta

Descubre o teatro galego actual co noso podcast para este verán

Co primeiro programa, Da pluma ás táboas, comeza o novo proxecto de culturagalega.org. Os nosos colaboradores Manu López e Ramón Estévez elaboran o podcast A tramoia descuberta, oito programas monográficos de menos de dez minutos cada un creados para difundir e dar a coñecer o teatro galego e os seus protagonistas. Nete primeiro programa, Manu e Ramón entrevistan a Cándido Pazó, sobre o oficio da dirección escénica. Os podcasts foron editados na Facultade de CC. da Comunicación da USC. A técnica foi Reyes Abad. Os podcasts publícanse en culturagalega.org, iVoox e BandCamp todos os xoves ata setembro.

Créditos

Sintonías:
Sintonía entrada: Canción-Jean Paul. Intérprete-Ataque Escampe
Brincadeira: Canción-Misión de Audaces. Intérprete-Ataque Escampe
Sintonía recital: Canción Galicia Calidade. Intérprete: Ámbito quinito.
Voz da rúa: Canción-Colleita's Parti. Intérprete-Dios Ke Te Crew
Sintonía despedida: Canción-Río Grande do Sul. Intérprete-Emilio José
Descarga o podcast para o teu dispositivo (en mp3).