Cando a auga se volve arquitectura

Un inventario detalla 2000 inmobles etnográficos vinculados ao aproveitamento da agua na provincia da Coruña

Un inventario detalla 2000 inmobles etnográficos vinculados ao aproveitamento da agua na provincia da Coruña
Pesqueira no río Ulla. Foto: Proxecto No curso da auga.
O proxecto No curso da auga publicou unha escolma de trinta arquitecturas vinculadas á explotación e aproveitamento dos recursos hídricos da provincia da Coruña, aínda que o catálogo abrangue unhas 2000. Trátase dun ambicioso proxecto que, en palabras dos seus creadores, "é facer fincapé na súa singularidade; no seu valor etnográfico e arquitectónico e na importancia da súa conservación e difusión". O proxecto inventaria muíños e batáns, lavadoiros, fontes e pesqueiras e acompaña cada ficha con fotografía aérea en drone que compón unha chamativa estética entre as augas, a natureza e a pedra. O equipo de traballo está dirixido por Susana González (Consultarte) e a coordinación científica está a cargo de Carlos Quintáns. O Museo Virtual María José Jove alberga a exposición virtual.