A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, que organiza o Museo do Pobo Galego, volta á presencialidade na súa décima sétima edición, que se desenvolve en Compostela entre o 28 de marzo e o 2 de abril. O Teatro Principal, a sala NUMAX e mais o propio Museo do Pobo acollen o groso das actividades do evento, que proxectará trinta e catro filmes sen contar as curtametraxes.
Segundo apunta a organización do evento, o traballo preséntase como eixe temático das proxeccións e as actividades deste ano, un tema que se aborda "ao redor das seguintes dimensións contextuais: os procesos históricos, procesos socioeconómicos e polÃticos xerais que afectan a este ámbito e a súa concepción; os campos e actividades catalogadas como traballo; as interrelacións con todos os ámbitos persoais, alén dun sentido puramente "laboral".
Na sección oficial compiten un total de catorce filmes chegados de nove nacionalidades, entre eles tres galegos que poderán optar tamén ao premio ao mellor filme do noso paÃs. Proxectos de Colombia, Francia, Alemaña, Xeorxia, India, Alemaña, Perú, Brasil e UcraÃna fan parte da selección. O cinema galego ocupa tamén o ciclo Lindes, fóra de concurso, onde se poderán ver os proxectos A virxe roxa de Marcos Nine e Nación de Margarita Ledo.
Dentro das propostas máis vencelladas á actualidade está a proxección de material inédito de Ferrán Llagostera sobre a pesca de altura filmado en 1988 baixo o tÃtulo El mar de los peces. Notas sobre el Gran sol, que se proxecta no marco do ciclo Trazas. Tamén é de destacar o repaso a memoria do traballo e as cuestións identitarias da antigas repúblicas soviéticas a través de diferentes directoras que compoñen o ciclo Impropias.
Nesta xeira o festival convidado é o Olloboi de Boiro, evento que recolle a creatividade audiovisual dos centros de ensino do paÃs. Para alén de acoller a estrea do documental Cadernas de Olloboi, que repasa a historia deste proxecto, as proxeccións escolares do programa MICE PetÃs, tanto presenciais como en liña, serán de producións desenvolvidas no seo deste certame, ao igual que as sesións previstas nos centros socioculturais de Conxo e do Castiñeiriño.
No apartado formativo "Ollares intencionados" un seminario con Mariana Hristova, unha mesa redonda coa asociación de guionistas Crea e mais coa de festivais Proxecta e mais un obradoiro sobre a ollada etnográfica no cinema con Adriana Vila e Jorge Moreno compoñen a oferta. Ademais, unha colaboración co Galicia Film Fórum do Reino Unido levará a londres a proxección do documental Negro Púrpura e de Stockroom, de Sol Mussa. De xeito previo ao programa, o dÃa 23 presentarase ao público na sede do Museo do Pobo os filmes que realizou Xisela Franco para o proxecto Atlantic CultureScape sobre o patrimonio marÃtimo da Guarda.
Malia á aposta pola presencialidade, a MICE mantén a súa presenza nas redes cunha mostra en liña de traballos galardoados en anos anteriores. Dentro das actividades paralelas, o Museo do Pobo acolle unha exposición fotográfica do antropólogo danés Gustav Henningsen co tÃtulo CoreografÃas do facer. O traballo feminino nos fondos Henningsen sobre esta cuestión na comarca de Ordes nos anos 60.