Cunha nova edición do ciclo 'Clásicas desfeitas' a Xunta presenta unha visión contemporánea do teatro medieval galego e portugués levando a escenarios non convencionais obras inspiradas na literatura medieval galega e na renacentista portuguesa. As propostas, que están coproducidas pola Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego, convidan a traballar ligando as artes escénicas coa creación contemporánea e coa arquitectura, ocupando espazos non teatrais neste caso na Cidade da Cultura de Galicia. Os volumes 4 e 5 do ciclo comezan este sábado, 19 de marzo, coa representación de 'Arte sen guión', da compañía carballesa Galeatro, unha comedia de especulación improvisada que bebe das cantigas de amigo e do Códice Calixtino e que será obxecto de dúas representacións, na tarde do sábado e na mañá do domingo 20 de marzo, cunha singular posta en escena na galería de túneles que percorre os sotos do Gaiás.
Coas ferramentas da improvisación contemporánea, a comedia e a música, Arte sen guión constrúe unha especulación improvisada sobre como podería ter sido unha función de teatro galego da Idade Media, un xénero do que non se conservan rexistros escritos. O proxecto bebe das estruturas narrativas e dramáticas da época e dos materiais en lingua galega previos ao Rexurdimento, como as cantigas ou o Códice Calixtino, para presentar unha relectura en clave cómica dun tempo deostado que nos convida a cuestionar a nosa propia modernidade. O ciclo terá continuación na súa quinta entrega, o 25 e 26 de marzo con 'A barca do inferno', reinterpretación do clásico portugués 'Auto da barca', escrito por Gil Vicente no século XVI. A partir del, a compañía Moving Compass está a construír un espectáculo innovador que destaca especialmente por empregar a auga, neste caso a lagoa do Xardín Literario da Cidade da Cultura, como escenario teatral, nun anovador espectáculo de teatro acuático con monicreques. Máscaras e marionetas forman o reparto dunha obra que renova tamén os temas do texto orixinal portugués cunha mensaxe de fondo calado ecoloxista que pretende esporear o compromiso do público coa defensa e preservación dos recursos naturais. 'A barca do inferno' de Moving Compass supón un verdadeiro desafío técnico e creativo para esta compañía formada por artistas galegos e internacionais que veñen do teatro físico, o circo, a música, a danza e o teatro de monicreques.