Con ocasión do Día da Poesía, que se celebra este 21 de marzo, a Real Academia Galega vai prestar homenaxe a unha das máis destacadas voces líricas do país. Bernardino Graña protagoniza este venres, día 18, un acto no Auditorio de Nigrán no que se poderán escoitar os seus versos en diferentes voces. O evento, que tiña previsto se desenvolver en 2020 e foi posposto por mor da pandemia desenvólvese co apoio da Deputación de Pontevedra e do Concello de Nigrán.
A gala estará conducido por Marilar Aleixandre. No programa, unha laudatio a cargo de Xesús Alonso Montero dará paso a un recital colectivo a cargo de Ramón Lorenzo, Ana Romaní, Xosé María Álvarez Cáccamo, Alexandre Ripoll, Lucía Novas, Alexandre Nerium, Marta Dacosta, Elvira Ribeiro, Héitor Mera e Miro Villar. Canda a todos eles, participarán tamén no encontro Rosalía e Navia Franco Barreiro, fillas de Xosé Luís Franco Grande, quen antes de perecer tiña previsto participar nesta homenaxe ao seu amigo. A ambientación musical da homenaxe corre a cargo de Gelria, e para alén da asistencia presencial, todo o programa poderá seguirse polas redes da RAG.
Segundo lembra a RAG, o autor "pertence á xeración das Festas Minervais da Universidade de Santiago" onde foi premiado en múltiples ocasións, e fixo parte do grupo Brais Pinto, onde publicou o seu primeiro poemario Poema do home que quixo vivir (1958). Despois do que el mesmo cualificou como poema "negro" comezou unha etapa na "emerxe o poeta do mar e os mariñeiros, dúas constantes na súa traxectoria con fonda pegada", segundo destaca a Academia con títulos como Profecía do mar (1966), Se o noso amor e os peixes Sar arriba andasen (1980) e Sen sombras e sen amor (2004).
Ademais, Graña ten traballado xéneros como o teatro, a narrativa infantil ou a novela para adultos, con títulos como Protoevanxeo do neto de Herodes (2005) coa que obtivo o Premio Eixo Atlántico, ou A fuga a Exipto (2016).