Talía teatro estrea 'Morte accidental dun anarquista' de Dario Fo

O Teatro principal de Santiago acolle a representación da obra dirixida e adaptada por Candido Pazó

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Talía teatro estrea 'Morte accidental dun anarquista' de Dario Fo

Milán, 1969. Un anarquista falece tras caer pola ventá dunha comisaría na que está sendo interrogado pola policía. En plena investigación xudicial dos feitos, a aparición en dita comisaría dun "tolo" que se fai pasar por diferentes personaxes logrará darlle a volta ás indagacións e descubrir a verdade. Esa é a sinopse de 'Morte accidental dun anarquista', a obra de Dario Fo que Candido Pazó adapta e dirixe para Talía Teatro e que se estreará este venres no Teatro Principal de Santiago. Pazó duplica a súa presenza na rúa dos teatros compostelá, mantendo en cartel a poucos metros a adaptación de 'A Peste' de Albert Camus para o CDG no Salón Teatro. Con esta sátira implacable de Fo, Cándido Pazó adapata ao galego a outro dos grandes clásicos do teatro contemporáneo.

Toño Casais, Dani Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto, Artur Trillo, Diego Rey, Marta Ríos conforman o elenco sobre o escenario que traslada a disparatada e reflexiva comedia coa que o autor italiano puxo en evidencia fai 50 anos a natureza da policía, os seus métodos manipuladores e a súa función represora, así como o importante papel dos medios de comunicación na súa busca da noticia e do escándalo. A obra estréase este venres, 11 de marzo, ás 20:30 contando ese día cun encontro "posfunción" ao remate do espectáculo. A obra representarase o sábado á mesma hora no mesmo espazo. Tras diso está prevista unha xira da produción que comezará o día 25 de marzo pola Casa da Cultura de Boiro e o día 26 estará en Cee, inicialmente.

Que che parece esta nova?
101 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Historias para tempos ruíns

Historias para tempos ruíns

Cándido Pazó adapta para a narración oral o clásico da literatura de Giovanni Boccacio, o Decamerón