A xornada 'Retos da cultura poscovid' organizada no Castelo de Soutomaior pola Deputación de Pontevedra e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural reuniu a preto de cen persoas, entre técnicos e técnicas municipais, concelleiros e concelleiras e representantes do ámbito a debater sobre os retos de futuro trala pandemia. Do seu resultado extráese que a profesionalización, a perspectiva de xénero, a sostibilidade, o apoio ao mundo rural e a Axenda 2030 están entre as principais metas a reforzar trala pandemia. A xornada pode recuperarse Ãntegra nun vÃdeo que a deputación puxo a disposición pública.
Benito Burgos, coordinador do programa "Cultura e CidadanÃa" na Subdirección Xeral de Cooperación Cultural do Ministerio de Cultura, foi o encargado de abrir a xornada cun resumo das investigacións que a través da citada iniciativa veñen dando as claves para o futuro inmediato do sector e que, como subliñou, pasa por cuestións como a alianza cultura-saúde, "porque a cultura ten que traballar na saúde e o benestar das persoas", a mirada ecolóxica e da sostibilidade, o traballo en rede ou o paso do concepto de "transacción comercial" á idea da participación da comunidade para pasar a ser axente activa deste “ben público e común”. "Nin as cidades nin o mundo rural poden vivir alleas ao que acontece no outro escenario", apuntou, tras incidir tamén en que hai que incluÃr a cultura "na economÃa social e solidaria". Burgos subliñou asà mesmo a importancia que o mundo rural vai ter cun proxecto especÃfico que será financiado a través dos Fondos Next Generation e que destinará 20 millóns a plans para dinamizar a oferta cultural de zonas non urbanas no Estado. Neste senso, sinalou que o plan o xestionarán as comunidades autónomas, pero avogou porque as entidades locais e as deputacións participen activamente neste proceso "polo seu protagonismo na democratización do territorio".
Na primeira mesa redonda da xornada, sobre "Retos de futuro da xestión cultural na provincia de Pontevedra" o director do Festival de Cine de Cans Alfonso Pato falou entre outras cuestións da xestión cultural, ao resaltar a importancia da existencia dun perfil especÃfico que realice tarefas deste tipo nos concellos e en outras organizacións como os festivais. Engadiu que os retos propostos na xornada "poden aplicarse a nivel local na provincia, pero cada quen ten unhas caracterÃsticas diferentes" e matizou que "aspectos como a transición dixital, que non é o mesmo que se fagan nun ámbito urbano que no rural". Neste debate, moderado por Jorge Linheira, do Servizo de Infraestruturas Culturais do Concello de Pontevedra, participaron tamén a comunicadora especializada no eido da cultura Marián RodrÃguez; a xestora e comisaria cultural e Paula Cabaleiro, directora da área de Cultura da Deputación de Pontevedra.