O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presentaba na mañá deste 11 de febreiro os principais fitos do programa que acollerá a Cidade da Cultura en Compostela ao longo de 2022. "Un programa vivo que vai ir medrando e vai ir actualizándose ao longo de todo ano", deste xeito cualificou o Secretario Xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, o conxunto de iniciativas que se presentaron no acto. A coincidir con el, o conselleiro sinalou que "haberá algunha sorpresa importante" nas actividades previstas. A presentación centrou o foco no apartado expositivo, onde as propostas vencelladas ao Camiño de Santiago, as coproducións e as producións alleas marcan as liñas principais, cunha importante presenza mostras de arte contemporánea.
A presentar primeira programación que se desenvolve logo da aprobación do segundo plan estratéxico da Cidade da Cultura, Rodríguez lembrou o obxectivo recollido neste documento de chegar a 250.000 participantes directos nas actividades do Gaiás cada ano. Como resposta a este desafío, asegurou que "no ámbito expositivo vaise facer o esforzo máis importante que se desenvolveu na vida deste complexo cultural". Será un total de 25 mostras, a incluír novas intervencións artísticas no exterior do complexo, as que poderán seguirse ata o vindeiro mes de decembro.
Carne y arena
Aínda que boa parte das iniciativas xa se adiantaran con anterioridade, dentro das seis exposicións de grande formato que se poderán seguir nas instalacións do Gaiás, destaca o proxecto internacional Carne y arena, proposta de realidade virtual desenvolvida polo director mexicano Alejandro González Iñárritu arredor da cuestión da emigración e dos refuxiados. O proxecto estivo xa presente en diferentes cidades do mundo e chega por vez primeira ao Estado coa súa estadía no Museo de Galicia entre xuño e setembro.
Camiños de peregrinación
Xacobeo, as pegadas do Camiño, coproducida coa Biblioteca Nacional de España, onde se puido ver desde o pasado mes de novembro, é outro dos pratos fortes que adiantou o conselleiro. Comisariado por Darío Villanueva, o proxecto compila materiais bibliográficos, cartográficos e artísticos arredor do mundo xacobeo, e poderá verse no noso país nos vindeiros meses. Pola súa banda, Camiños Creativos fechará a programación expositiva vencellada ao Xacobeo, segundo asegurou Rodríguez. A proposta explora a relación entre o camiñar e a creación artística e inclúe, baixo o comisariado de Monserrat Pis, un cento de obras de institucións como o Victoria & Albert Museum, o Holburne Museum, o Palacio Pitti ou a Thyssen-Bornemisza Art Contemporary, así como do Museo do Prado ou o Reina Sofía, entre outras. E a seguir o vieiro da exposición fotográfica O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra, que se pode ver ata o vindeiro mes de abril, o programa achegará a mostra Vía da prata. Aires do sur a mesturar traballos históricos con propostas actuais.
Arte da man de La Caixa e Banco Sabadell
Unha nova exposición da Fundación La Caixa recunca no Gaiás logo do éxito de Faraón. Desta volta será Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño 1924-2020, producida en colaboración co Vitra Design Museum de Suíza. A proposta recolle pezas icónicas do surrealismo de autores como Magritte, Dalí, Miró ou Le Corbusier. Outra entidade bancaria, o Banco Sabadell, amosará nas salas do Gaiás as principais pezas da súa colección de arte contemporánea baixo o título De lugares e cousas. A exposición xa puido verse en Oviedo durante o verán de 2021.
A mostra de Laxeiro
Finalmente, ao abeiro dedicatoria do Día das Artes Galegas dedicado a Laxeiro, o Museo de Galicia acollerá a xa anunciada Foi un home. Laxeiro en América. Bos Aires 1950-1970, percorrerá diferentes localidades. Lalín, Madrid ou París serán paraxes desta escolma dos traballos máis maduros do artista durante a súa etapa arxentina que comisaría Carlos Bernárdez e que está organizada pa Xunta e o Concello de Lalín, en colaboración co Instituto Cervantes e coa Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
Exposicións na biblioteca
A menor escala, e a "seguir o obxectivo de pór en valor persoas relevantes de diferentes campos da cultura", Rodríguez anunciou unha serie de exposicións desenvolvidas polo servizo de Arquivos e Bibliotecas. Á actual sobre Reimundo Patiño seguirán outras dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán, María Casares e Luz Pozo, xa adiantadas. A estas sumaranse Mulleres sobranceiras, a abordar a economía doméstica e o mundo empresarial, e a habitual mostra conmemorativa para o Día das Bibliotecas.
Actividades
As propostas expositivas complétanse con preto de duascentas actividades previstas na axenda
dos vindeiros meses. As xa anunciadas residencias artísticas serán outras actividades do ano, que se completa con citas xa habituais na axenda como Escenas do Cambio, Atardeceres no Gaiás, os Encontros de Artistas Novos ou o xa realizado Pequefilmes. Rodríguez sinalou que parte dos contidos que se programen no monte compostelán itinerarán por diferentes cidades galegas, a seguir as liñas de descentralización do II Plan Estratéxico.