O Centro Galego de Arte Contemporánea na súa sede en Santiago acolle desde hoxe e ata o vindeiro 15 de maio a exposición individual 'Wunderkammer', do artista Suso Fandiño (Santiago de Compostela, 1971). Mónica Maneiro , comisaria da exposición, explica que 'Wunderkammer' ten que ver coa dualidade de Fandiño como persoa que provén do mundo da arte, pero tamén do mundo da historia. Trátase ante todo, segundo a súa presentación, de activar no espectador a necesidade de buscar significados ocultos. Dende esta posición proponnos un espazo de xogo e reflexión sobre a morte do autor, a futilidade do discurso hexemónico na historiografía artística, o papel do espectador na arte, o xogo político de fronteiras, o marketing ideolóxico, a baixa e a alta cultura ou a análise da linguaxe como sistema de configuración do pensamento.
O "ready-made, objet trouvé" ou obxecto atopado, que popularizaron Duchamp e o dadaísmo, pero que tamén aparecía como parte da obra de artistas como Picasso ou Man Ray, entre outros vangardistas, é o elemento fundamental de Suso Fandiño para o desenvolvemento da súa proposta. Todo isto o fai utilizando a obra artística como medio dende o que reflexionar sobre o social a partir da descomposición e reorganización dos produtos da sociedade de consumo. Unha das ideas claves da mostra como é a patrimonialización da cultura. Segundo o artista: "O meu achegamento á arte desde a historia transformoume nun buscador de obxectos, imaxes e textos. Ás veces, o valor historiográfico do achado é útil para botar luz sobre os feitos, ás veces para amosar incerteza". Fandiño é doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo e licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente traballa como docente na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo e no ensino secundario.