Nabiza Girl volta cunha segunda entrega da súa webserie

Os cinco novos capítulos están dispoñibles no Youtube da Secretaría Xeral de Política Língüística

Os cinco novos capítulos están dispoñibles no Youtube da Secretaría Xeral de Política Língüística
A canle de Youtube da Secretaría Xeral de Política Lingüística acolle cinco novos episodios da webserie Nabiza Girl. Isabel Risco recupera este personaxe en O retorno de Nabiza Girl, e enfronta esta peculiar superheroína a cuestións como os petróglifos, o mar, o ribeiro, a moda ou a dieta galega noutras tantas pezas de curta duración. O proxecto, que parte dunha montaxe teatral, desenvolveuse co apoio Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022, e xa contara con catro capítulos anteriores que tamén están dispoñibles na mesma canle.

Os primeiros catro capítulos de Nabiza Girl