
Con catro clarinetes á fronte, a formación continúa a súa experimentación a empregar en case todos os temas o Cancioneiro de Casto Sampedro como base. "Con liberdade. Con identidade. Con orgullo de seren elos na historia dun instrumento aÃnda por reivindicar dentro da nosa tradición oral", segundo explica Guillerme Inácio no texto de presentación do álbum.
Ademais deste instrumento de vento, a banda completa a súa instrumentación coa percusión tradicional de Xulia Feixóo e o acordeón de Marcos Padrón para propor "alalás que son rumbas, canteiros no Caribe, trance trad acústicoÂ… reviravoltas con selo de seu, de música galega da boa", continúa Inácio. Alén das pezas adaptadas do cancioneiro de Sampedro, o álbum inclúe tamén un tema da autorÃa de Mercedes Peón coa participación da propia música.