O Plan de Convenios da Axencia Galega das Industrias Culturais para 2022 fai unha previsión de incluÃr preto de 900.000 euros en ata 17 iniciativas de fomento cultural. Asà se fixo público nun comunicado de prensa por parte da axencia da Xunta que dá a información en avance destas sinaturas que cubrirán a organización de premios sectoriais, actividades formativas, feiras profesionais, ciclos de programación, festivais e outras accións nas que AGADIC colabora con entidades asociativas de teatro, música, danza, audiovisual, etc. A estes ámbitos hai que engadirlle a promoción do conxunto das industrias culturais galegas a través do apoio económico á feira Culturgal como principal entidade colaboradora co evento que ten lugar cada outono en Pontevedra.
AsÃ, as artes escénicas galegas son as receptoras de máis de 300.000 euros mediante oito colaboracións coas seguintes entidades: a Asociación de Actores e Actrices de Galicia para a organización dos XXV Premios de Teatro MarÃa Casares; a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas Escena Galega para o mercado Galicia Escena PRO e para a realización de actividades formativas e de dinamización; o Concello de Ribadavia para a súa Mostra Internacional de Teatro; a agrupación Camiño Escena Norte para o desenvolvemento en Galicia do programa homónimo; o Colectivo RPM para as Residencias ParaÃso; a Federación XOC de música e baile tradicionais para o ciclo Danza 3 Xacobeo 21-22 e a Asociación trasPediante Cultura para o Festival de Danza e Artes do Movemento Corpo(a)terra.
Dinamización musical e audiovisual
Tamén superan os 300.000 euros as catro iniciativas musicais inseridas neste plan de convenios mediante o acordo coa Asociación Músicas ao Vivo para a sétima edición dos Premios MartÃn Códax da Música, a Asociación Amigos de la Ópera da Coruña para a promoción da música operÃstica dentro da programación cultural do Xacobeo 21-22, a Federación Galega de Bandas de Música Populares para os seus certames e concertos e a Asociación Paideia Galiza para a dinamización da musica emerxente.
O audiovisual achega outros catro convenios ao plan, que suman 205.000 euros. A través deles, articúlanse as colaboracións coa Academia Galega do Audiovisual para os XIX Premios Mestre Mateo; coa Fundación Carlos Velo para a 26ª edición do Ourense Film Festival; coa Federación de Cineclubs de Galicia para os seus ciclos e semanas cinematográficas e cos cineclubs de Pontevedra, Padre Feijoo de Ourense, Lumière de Vigo e Valle-Inclán de Lugo para a extensión a estas cidades da programación da Filmoteca de Galicia.