A Sala Ártika estrea Ragazzo

A compañía Barrosanta leva a escena a historia do activista Carlo Giuliani

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Cartel de Ragazzo

Cartel de Ragazzo

Anxo Outomuro subirá ao escenario da viguesa Sala Ártika este 11 de febreiro para se pór na pel por vez primeira de Ragazzo. A nova produción de Barrosanta estréase para contar a historia dun activista antiglobalización baixo a dirección de Xavier Castiñeira. A partir da historia de Carlo Giuliani, asasinado pola policía nos disturbios da cidade de Génova de 2001, a dramaturga Lali Álvarez conta unha historia de resistencia e de compromiso que se presenta como "unha oda á xuventude e á liberdade, un grito á vida, á dignificación das historias persoais: unha reivindicación".

Segundo explica o resumo da obra, "Ragazzo vive a restrición de dereitos sociais máis grande que recorda o continente dende a Segunda Guerra Mundial: fronteiras pechadas, detencións, prohibicións de manifestarse, reunirse, e ata de tender a roupa nos balcóns" por mor da reunion do G8 en Xénova.

"Pese a isto, pasa o verán na cidade, nun garaxe que okupou e acondicionou como o seu fogar, durmindo dentro do coche e cociñando no seu motor. Está de vacacións: ten tempo para ir a concertos, ler, escribir, e incluso de namorarse... e por suposto, de participar no Fórum Social, soñando e provocando outro mundo posible", continúa a presentación. As entradas para a obra, que se poderá ver ata o vindeiro domingo trece, xa están á venda.

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sala Ártika, Xuventude, DramaturGa, Segunda Guerra Mundial