O Teatro Rosalía convértese nun campo de refuxiados en 'Moria'

A experiencia permite o movemento polo espazo escénico e a participación dos espectadores

A experiencia permite o movemento polo espazo escénico e a participación dos espectadores
Momento da representación
No avance de formatos diferentes sobre as táboas dos teatros chega esta fin de semana ao Teatro Rosalía de Castro unha experiencia "inmersiva" de corte social, que converterá o recinto teatral en 'Moria', un dos moitos campos de refuxiados que existen na realidade. Ademais desta posta en escena e do tema en si mesmo, o espectáculo de Unahoramenos Producciones que chega desde Canarias a Galicia con catro funcións, inclúe a posibilidade de que o público forme parte da acción segundo lle pareza, inflúa no decorrer da historia e poida moverse con liberdade polo espazo escénico.

'Moria' conta a historia de dúas refuxiadas e as súas familias ás que non lles queda máis saída para a supervivencia que fuxir dos seus respectivos países, e sostense a partires de testemuñas reais filmados no campamento de Moria baixo a supervisión de Nicolás Castellano, reporteiro especializado os pasados 20 anos en movementos migratorios forzosos e dereitos humanos. Cun texto construído por Ruth Sánchez, Marta Viera, Mario Vega, Luis O' Malley , Nicolás Castellano e Valentín Rodríguez a partir de la entrevistas realizadas a Saleha Ahmadzai (Afganistán), Zohra Amiryar (Afganistán) e Douaa Alhavatem (Irak), todas elas persoas refuxiadas no campamento de Moria na illa de Lesbos, a montaxe desenvolve busca somerxer ao espectador na realidade da migración forzosa e permitirlle tomar as súas propias decisións con respecto ao ángulo desde o que quere encarar a historia, guiada en escena polas actrices Marta Viera e Ruth Sánchez.