Seis autores da provincia de Pontevedra crean unha páxina para a autoedición dixital de cómics

Un mono listo e dixital

Un grupo de autores de banda deseña da da zona de Vigo e Pontevedra iniciaron este verán un proxecto de autoedición dixital de cómics chamado “El Mono Listo”. Carlos Llauger, Hugo Covelo, Sergio Covelo, Juan Pérez, Carolina Vidal e Javier Vidal constitúen o equipo que crea e financia este sitio de Internet claramente orientado a divulgar o seu traballo, no que se podería interpretar “como un book de mostras dixital”. Case todos os autores son licenciados en Belas Artes e coñecíanse de coincidir en iniciativas anteriores como os fanzines “Comikaze” e “Chámalle-X”. A páxina aínda está en construcción pero os contidos do proxecto de fin de carreira de Carlos Llauguer en BBAA xa está publicado. Así, pódese ler o cómic “Axdai” nos seus tres estadios -lápiz, tinta, cor- e tamén secuencializado en Flash e con banda sonora.



Coñece o proxecto de fin de carreira de Carlos Llauger e a páxina principal do “Mono Listo”