O Museo do Pobo abre as súas primeiras salas de Historia

Os novos espazos abranguen desde a prehistoria ata o reino suevo

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Unha das novas salas do Museo do Pobo

Unha das novas salas do Museo do Pobo

Coa presenza do presidente da Xunta, o Museo do Pobo Galego inauguraba este 25 de xaneiro as súas novas salas dedicadas á Historia do noso país. Estes espazos recollen 64 pezas que abranguen desde o Paleolítico ata o Reino Suevo, a atender a época castrexa e a romanización. Entre o material exposto atópanse dúas esculturas castrexas, machadas neolíticas, un petróglifo ou a maqueta dunha mámoa.

As salas inauguradas supoñen a primeira fase da sección dedicada á Historia de Galicia no Museo, que contou cun investimento de 3,4 millóns de euros do Consorcio de Santiago e outros 150.000 da Deputación da Coruña. Para o vindeiro verán está prevista a apertura dos espazos dedicados ao Medievo galego e no prazo de dous anos agárdase ter completadas todas as salas de carácter histórico.

A exposición permanente das novas salas inclúe material audiovisual, pezas musicais compostas por Abe Rábade e achegas procedentes doutros museos e de coleccións particulares. Entre as pezas destacadas que xa se poden ver no centro está o material recuperado do dolmen de Argalo, en Noia, unha agulla de óso atopada en Punta Atalaia ou un vidro aparecido na Cidaella de Sobrado dos Monxes.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O reino agochado

O reino agochado

Pontevedra conmemora os 1600 anos de fundación do Reino Suevo de Galicia cun congreso internacional

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Prehistoria, Museo do Pobo Galego, Abe Rábade, Atalaia...