A ConsellerÃa de Cultura presentaba o pasado 22 de xaneiro o Calendario do Libro e da Lectura de 2022, que achega unha trintena de efemérides e celebracións arredor da literatura para o ano que comeza. O documento incorpora nesta xeira seis novas datas, entre elas o 21 de xullo e 21 de novembro, nos que se conmemorarán os centenarios dos nacementos de Luz Pozo Garza e MarÃa Casares.
Canda a a estas homenaxes, as novidades no calendario son o 3 de maio, DÃa da liberdade de prensa; o 21 de maio, DÃa da diversidade cultural; o 28 de setembro, DÃa do dereito de acceso universal á información, e o 24 de outubro, no que se conmemorará a semana da alfabetización mediática e informacional. Segundo destacou Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura na presentación, "a incorporación destas datas dá boa conta do crecente papel das bibliotecas galegas como espazos nos que se accede a información en diferentes formatos e, moi especialmente, da súa implicación no achegamento da cidadanÃa aos medios de comunicación actuais".
Cada unha das datas sinaladas no calendario conta con programacións propias nas diferentes bibliotecas do paÃs. Neste primeiro mes do ano celebrouse xa o DÃa do Usuario das Bibliotecas o pasado dÃa 11 e mais, o 30, o DÃa da Ilustración Galega.