García MC lanza o seu primeiro longa duración

Arquipélago Quilombo achega dez temas que mesturan ritmos do mundo e rap

21/1/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: música
25 lecturas | Compartido 0 veces

Flamante, unha colaboración con Natasia Zürchers, é o primeiro single do álbum de debut de García MC. Logo de varios EPs o veterano rapeiro lanza o LP Arquipélago Quilombo, dez temas nos que segue a liña da súa formación Nación Quilombo e aposta pola mestura de ritmos do mundo coa palabra como eixo.

O álbum achega temas diversos, desde cancións centradas nos ritmos, a gravcións ao vivo coa banda, remixes e mesturas de estilos gravados con diferentes produtores e en distintos estudos. Para este proxecto, o cantante contou con colaboracións como as de Cynthia Montaño, Nastasia Zürcher ou High Paw.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con EPs, High Paw, Medios de comunicación

Claves

Protagonistas