Logo de obter o recoñecemento como mellor árbore de España en novembro de 2021, o Carballo do Banquete de Conxo competirá para se facer co título de Árbore Europea 2022. O Concello de Santiago presentaba este 19 de xaneiro a candidatura deste histórico exemplar na Feira Internacional de Turismo, que se desenvolve en Madrid. O goberno local anunciou unha campaña de captación de votos polo que se comprometeu a plantar unha árbore autóctona por cada un dos apoios recibidos, co obxectivo de sumar 100.000.
A campaña ademais pretende recuperar a Carballeira do Banquete de Conxo cunha repoboación de carballos sementados mediante landras desta histórica árbore "nun bosque novo que recuperará a esencia do vello Bosque de Conxo do século XIX", segundo adiantou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, na presentación.
A candidatura do certame, que se resolve este mes de abril, reivindica a importancia do carballo, coñecido por ser testemuña do histórico banquete de Conxo en 1856, "polo contexto histórico que viviu de defensa das liberdades na España gris de mediados do século XIX; por ser obxecto da denuncia ecolóxica pioneira de Rosalía de Castro; por estar ao pé do Camiño Portugués a Santiago e dun mosteiro de orixe románica, e por recibir en 2018 e 2019 a aperta de milleiros de persoas na festa de apertura deste bosque". Ademais lembra que o exemplar "cos seus preto de 30 metros de alto e 250 anos de vida e bañado polo poético río Sar, merece optar a ser elixido coma Árbore Europea do Ano".