O Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago presentaron hoxe á mañá Proxector, un repositorio que escolma recursos da rede sobre as diferentes disciplinas cientÃficas, co principal nexo común que están en galego ou dispoñen de versións subtituladas na nosa lingua. A remuda de Proxector pasa por hospedarse no web do CCG, o cal permite unha maior independencia e versatilidade, e a procura dun novo público de ensino secundario. "Actúa nun ámbito relevante para a normalización lingüÃstica: ESO, bacharelato e FP, do que se ofrecen recursos para materias que non poden darse en galego por lei", sinala no seu comunicado o web do CCG. O produto web ofrece unha clasificación temática, por niveis de ensino de interese ou polos idiomas nos que están gravados e subtitulados. Na actualidade o repositorio ofrece acceso a 600 vÃdeos.