Un roteiro explora a pegada galega na Habana

Está accesible no noso proxecto Roteiros da Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Aduana da Habana. Foto: Cátedra de Cultura Galega da Universidade da Habana

Aduana da Habana. Foto: Cátedra de Cultura Galega da Universidade da Habana

A Habana Vieja está chea de pegadas da emigración galega. Para este Nadal, o noso proxecto Roteiros propón o primeiro itinerario fóra de Galicia da súa colección: "Pra'Habana me vou". Elaborado por Arantxa Fernández Crespo, presidenta da Cátedra de Cultura Galega da Universidade da Habana, o itinerario propón 14 paradas vinculadas á chegada, traballos, negocios e as entidades colectivas dos galegos presentes na cidade. Partindo da Aduana, punto de chegada dos emigrantes a A Habana, o itinerario detense en cruceiros, comercios, cafés, xornais ou teatros, para rematar no espectacular Palacio do Centro Galego da Habana, rematado en 1915 e nacionalizado polo Goberno cubano trala revolución castrista. Están previstos outros roteiros para dar a coñecer outros emprazamentos galegos na cidade cubana.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nadal, Centro Galego da Habana, Medios de comunicación